Finsa en Eurobois 2026

Eurobois, a feira líder de Francia para a industria da madeira
ONDE
Lyon, Francia
CANDO
Do 3 ao 6 de febreiro de 2026
  • Eurobois 2026

    Eurobois é a feira líder de Francia para a industria da madeira, as técnicas de procesamento e o mobiliario interior. Neste evento bianual, presentaremos as últimas incorporacións á nosa proposta de valor Habitat 360 no noso stand (Pabillón 6.1, stand nº 6H48). Ademais, a nosa gama Fabric foi preseleccionada para os Premios Eurobois 2026. Vémonos en Eurexpo Lyon!

  • Os nosos materiais, en detalle

    O noso stand en Eurobois 2026 está feito integramente con materiais Finsa. En concreto, mostra a proposta de Habitat 360 en detalle. Así, inclúe 63 referencias de Superficies Decorativas, 46 de Superficies Decorativas Naturais, 17 de Paneis Texturizados e 13 de Paneis Decorativos. Ademais, a superficie Linum da gama Fabric cobra protagonismo no tótem central. Descubra os nosos materiais en detalle!

ARQUIVO DE EVENTOS