O material que o teña todo: resistente, hixiénico e cálido
Esta clínica dental precisaba un produto que combinase tres características e que encaixase cunha reformulación total do espazo.
«Finsa é innovación e sempre consegue sorprendernos en cada unha das súas presentacións de produto. Entenden as nosas necesidades e preocúpanse por achegarnos solucións».
Departamento de Comunicación de Dobleese Space & Branding.
Como conseguir que a visita a unha clínica dental sexa agradable? «Afastándonos do ambiente aséptico e tecnolóxico que adoita predominar nesta tipoloxía de espazos». Dobleese Space & Branding formulou esta reforma total como «un espazo doméstico que recibe pacientes nun ambiente moito máis calmado e acolledor», segundo detallan na firma.
No deseño «foi clave» a elección de materiais, explican. «Precisabamos combinar tres calidades nun produto: resistente, hixiénico e cálido. Os materiais de Finsa brindábannos todas estas prestacións e unha gran variedade de deseños», argumentan.
Na firma, tiñan claro o cariz que tiña que adoptar esta reforma. «No canto de marcar un mesmo estilo nos diferentes proxectos cos que traballamos, en Dobleese apostamos sempre pola nosa especialidade: crear espazos nos que se respira a marca e os seus valores».
De que maneira se materializou esta personalidade? «Reinventamos a estética das clínicas dentais grazas á adición de elementos característicos dos proxectos residenciais. Deste xeito, creamos diferentes espazos domésticos e conseguimos transmitirlles unha sensación acolledora aos clientes», responden en Dobleese.
Na reformulación da clínica, traballaron cunha gama cromática amable e fresca mediante unha gráfica divertida e diferencial con notas cotiás inspiradas no Mediterráneo.
A colaboración foi outra das grandes marcas de éxito para Dobleese. «Resulta imprescindible confiar en todas as firmas que participan nun proxecto. Buscamos profesionalidade, experiencia e confianza. Finsa, entre outras cousas, é innovación e sempre consegue sorprendernos con cada unha das súas presentacións de produto. Entenden as nosas necesidades e preocúpanse por achegarnos solucións. Sobre todo, malia seren unha grande empresa, o trato é moi próximo, e iso é o que precisamos todos os profesionais».