O límite é o ceo: un cuarto a 3 metros
A madeira técnica permitiu o desenvolvemento deste proxecto de vivenda adxacente ao edificio principal.
«OS MATERIAIS DE FINSA PRESENTAN A CALIDADE E OS MATICES QUE PERMITEN DAR FORMA A DESEÑOS MOITO MÁIS AFINADOS E AXUSTADOS ÁS FORMULACIÓNS DO PROXECTO»
Antonio Maciá, arquitecto de WOHA Arquitectura.
Un cuarto a 3 metros do chan e un recinto para cociñar. Estas foron as claves que se lle formularon a WOHA (World of Holistic Architecture) para diferenciar un cuarto da vivenda principal. A partir de aquí, o estudo concibe este cuarto que sosteñen dúas grandes pezas escultóricas: unha orgánica e ríxida, formada por formigón forrado en madeira con listóns, e unha escaleira de formigón visto. Isto está conectado co edificio principal por unha pasarela.
A planta baixa do volume péchase con fiestras amplas que lle outorgan transparencia e luminosidade ao espazo. Alí atópanse o salón-comedor e a cociña.
Que papel desempeñou a madeira técnica neste proxecto? «O seu uso foi fundamental para poder desenvolver este proxecto parcial», explica Antonio Maciá, arquitecto de WOHA. «A orixe de todas as formulacións que desenvolvemos baséase en visións holísticas, onde o proxecto global se divide en pequenos proxectos parciais», determina. «Neste caso, unha das estruturas correspóndese coa casca interna do edificio e a súa capacidade de adaptación a formas orgánicas a fin de que o espazo resultante interaccione co subconsciente das persoas», conclúe.
Apreciamos chapa de carballo no revestimento das paredes e no roupeiro. «A materialización de conceptos non é un tema fútil porque se precisan produtos con capacidade de achegar as características que precisa o proxecto», explica Maciá. «Os materiais de Finsa presentan a calidade e os matices que permiten reflectir deseños moito máis afinados e axustados ás formulacións do proxecto», comenta.
Que valoración fai o estudo do papel de Finsa como provedor de solucións? Maciá teno claro: «O máis interesante foi coñecer de primeira man a capacidade de Finsa para innovar e levar materiais novos ao mercado. Desta maneira, podemos adaptarnos aos condicionantes de tipo técnico, cultural e ambiental de cada proxecto».
Se che gustou este caso de estudo, cóntanos que che pareceu en Facebook, Instagram, LinkedIn ou Twitter.