Durabilidade e calidade para un complexo turístico paradisíaco
Estas calidades resultaron indispensables para a elección dos materiais que integran o hotel Hyatt Ziva Cap Cana, situado na República Dominicana.
«A calidade e o prazo de subministro dos materiais de Finsa foi esencial para primar esta empresa sobre outras».
Equipo Martínez Otero.
Cando tes un proxecto estrela entre mans, queres ir a tiro fixo. Apostar por produtos de calidade con prazos de entrega adecuados é a base para construír uns bos cimentos.
Isto foi o que pensou o equipo de carpintería industrial de Martínez Otero: «Primamos os materiais de Finsa fronte a outras opcións pola calidade e o prazo de subministro». Este proxecto, un complexo turístico de luxo situado en Punta Cana (República Dominicana) esixía «unha eficacia e durabilidade elevadas, o que Finsa sempre resolve de maneira satisfactoria con todos os seus produtos», detallan en Martínez Otero.
Nogal Caneletto e Lissa Oak foron as solucións escollidas para os revestimentos de todo o recinto, que recolle 750 cuartos de luxo. Trátase de produtos que combinan tamaños e profundidades distintos para conseguir un poro de carballo renovado e discreto pero cun tacto sedoso e grado de brillo actual.
Outro desafío que supuxo este proxecto tivo que ver coa loxística que, xunto cos prazos de execución, incrementou a esixencia da obra. «Sen dúbida, recomendamos traballar con fornecedores que se impliquen cóbado con cóbado co equipo para solucionar calquera problema que poida xurdir», explican en Martínez Otero.