O proxecto ten como obxectivo desenvolver diferentes tecnoloxías para aumentar a eficiencia do proceso de produción, centrándose en tres partes:
- Embalaxe: desenvolvemento dun robot para optimizar o proceso e mellorar a ergonomía no posto de traballo.
- Liñas de acabado: redución do consumo enerxético mediante a aplicación dunha nova tecnoloxía na sección hidráulica.
- Mantemento intelixente de instalacións: optimización de recursos e redución do tempo de reparación.
O proxecto lévase a cabo na fábrica de Finsa en Cella (Teruel), no marco da convocatoria de subvencións para levar a cabo proxectos empresariais en Aragón destinados a fomentar o desenvolvemento experimental ou a investigación industrial na provincia de Teruel. Convocatoria 2022. Proxecto subvencionado polo Goberno de España e o Goberno de Aragón a través do Fondo de Investimento de Teruel.
• Data de inicio: xuño 2024
• Data de finalización: outubro 2024
• Investimento: 307 700 €
• Financiamento: 76 925 €
• N.º de expediente: 24/053-013