Canto fogar colle en oitenta metros cadrados?

Analizamos unha reforma de vivenda na que a durabilidade dos materiais e os mobles flexibles son os eixos da creación do espazo.

Fuente: Finsa - Autor: Finsa

«A ATENCIÓN COMERCIAL FOI O PUNTO CLAVE NESTE PROXECTO, E É QUE PEDIMOS UNHA MOSTRA E TÉMOLA AO DÍA SEGUINTE. ESTE SERVIZO É MOI SUPERIOR AO DO RESTO DE MARCAS» 
ALBERTO CORZÓN, CORZÓN ARQUITECTOS

Nas grandes cidades, os metros cadrados non sobran. Outorgarlles aos espazos unha escala maior da que parece que teñen é precisamente un dos puntos fortes do estudo Corzón Arquitectos. Nesta reforma de vivenda reflectiron toda a súa pericia para que oitenta metros cadrados se tornasen nun fogar funcional. Como o lograron? Imos analizalo en detalle.

«O mobiliario á medida e multifunción é unha ferramenta que nos permite tirarlle o máximo proveito a espazos de tamaño medio, algo moi característico nas grandes cidades», detalla Alberto Corzón, arquitecto. Neste proxecto pedíase moito en moi pouco: unha mesa para dez comensais, un sofá extragrande e unha cheminea voada. Como combinalo todo? «Creando un espazo diáfano continuo cunha cociña cun estrado co mesmo material», explica Corzón. 
 

O reto do proxecto residía en utilizar un material duradeiro que mantivese a esencia do estudo, que ten por bandeira o uso de elementos o máis naturais posibles. Finfloor Supreme Fresno Tango Santorini ofreceu a solución para combinar deseño, grazas a un catalogo amplo de produtos, e calidade mediante a súa resistencia á humidade. Estes foron puntos fundamentais nunha cociña que está unida ás demais estancias do espazo. 


Que importancia lle outorga o estudo aos materiais? «A madeira técnica de Finsa está moi lograda, case parece natural», comenta Corzón. «Poderiamos dicir que a atención comercial foi un punto clave neste proxecto porque pedimos unha mostra e recibímola ao día seguinte. Este servizo é moi superior ao do resto de marcas coas que traballamos e a nós permítenos ser máis áxiles porque o servizo que lles prestamos aos nosos clientes tamén é integral», engade.

A brillante execución desta reforma de vivenda valeulle ao estudo Corzón Arquitectos mencións en Elle Decor e na revista Interiores, onde destacan o uso do chan continuo branco de Finfloor para romper os límites fraccionados e xerar unha maior sensación de amplitude.

Se che gustou este caso de estudo, cóntanos que che pareceu en Facebook, Instagram, LinkedIn ou Twitter.