Concurso para a rehabilitación arquitectónica e paisaxística de A Panda da Dá

Co apoio da Fundación RIA, Finsa impulsa un concurso de arquitectura aberto para rehabilitar arquitectónica e paisaxísticamente o predio de A Panda da Dá e consolidalo como un espazo de oportunidades para a xestión sostible do territorio. O concurso ten carácter aberto, non anónimo e conta con intervención de xurado. A recepción de candidaturas da primeira fase está aberta ata o 18 de decembro de 2024

21-11-2024 Fuente: Finsa - Autor: Finsa

Finsa lanza un concurso de arquitectura para continuar transformando o seu predio de A Panda da Dá (As Pontes de García Rodríguez) e consolidalo como un espazo de oportunidades para a xestión sostible do territorio. Esta convocatoria permitirá rehabilitar arquitectónica e paisaxísticamente o predio de 410 hectáreas dende o punto de vista arquitectónico e paisaxístico para dar cabida a novas actividades formativas e de investigación, así como servir de soporte a visitas de entidades relacionadas coa xestión do territorio e a cadea de valor da madeira.

O concurso exponse como un procedemento aberto e non anónimo, con intervención de xurado, e organizado en dúas fases:

—A primeira delas mediante selección de portfolios dos equipos, onde se escollerán a cinco finalistas para desenvolver a segunda fase
—Unha segunda fase de realización de propostas arquitectónicas a nivel anteproxectos, con premios económicos para todos os equipos participantes

A recepción de candidaturas da primeira fase está aberta desde o 19 de novembro ata o 18 de decembro de 2024 ás 14:00 h (hora española peninsular), seguindo as indicacións descritas nas bases do concurso.

Outorgaranse premios aos 5 equipos seleccionados pola realización da segunda fase:

—O equipo gañador recibirá un premio de 20 000 € e a adxudicación do contrato ulterior
—Os restantes equipos participantes nesta segunda fase recibirán premios de 5000 €

O xurado do concurso está composto por dous representantes de Finsa e tres profesionais da arquitectura cunha ampla traxectoria e recoñecemento: Aurora Armental Ruiz, cofundadora do estudio Estar; Graça Correia, cofundadora do estudio Correia Ragazzi; e Carme Pinós Desplat, fundadora do estudio Carme Pinós.

Unha comisión consultiva integrada por membros de Finsa e a Fundación RIA participará nos debates do xurado sen emitir voto, asesorando o xurado en cuestións estratéxicas para a compañía, xestión forestal, construción ou sustentabilidade.

Toda a información relativa ao procedemento, o predio e o programa funcional está dispoñible nas bases do concurso e o prego técnico, descargable a continuación.

-Documentación do concurso: 

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Concurso para a rehabilitación arquitectónica e paisaxística de A Panda da Dá

Co apoio da Fundación RIA, Finsa impulsa un concurso de arquitectura aberto para rehabilitar arquitectónica e paisaxísticamente o predio de A Panda da Dá e consolidalo como un espazo de oportunidades para a xestión sostible do territorio. O concurso ten carácter aberto, non anónimo e conta con intervención de xurado. A recepción de candidaturas da primeira fase está aberta ata o 18 de decembro de 2024

Finsa lanza un concurso de arquitectura para continuar transformando o seu predio de A Panda da Dá (As Pontes de García Rodríguez) e consolidalo como un espazo de oportunidades para a xestión sostible do territorio. Esta convocatoria permitirá rehabilitar arquitectónica e paisaxísticamente o predio de 410 ha para dar cabida a novas actividades formativas e de investigación, así como servir de soporte a visitas de entidades relacionadas coa xestión do territorio e a cadea de valor da madeira.