Así é como se mantén a identidade de marca sen perder nin un ápice de carácter no deseño de interiores

O equipo da franquía gastronómica «La Mafia se sienta a la mesa» logrou crear un deseño para este restaurante que representaba a identidade corporativa sen deixar de sorprender aos comensais

29-02-2024 Fuente: Finsa - Autor: Finsa

Proxecto: Restaurante La Mafia se sienta a la mesa
Proxectista: Equipo propio de La Mafia se sienta a la mesa
Produtos: Finfloor Supreme Espiga Orleans Vintage y Fimaplast Olmo Sabi Boreal e Champan Metalizado Moon
Aplicacións: Chan laminado, mobiliario e revestimento de columnas
Localización e ano: Lisboa, 2022

A CLAVE DO PROXECTO:

«COMO DIXO UNHA VEZ O ARQUITECTO REM KOOLHASS: ESCOLLER OS MATERIAIS É UN ACTO DE EQUILIBRIO ENTRE A ESTÉTICA E A FUNCIONALIDADE, ENTRE A FORMA E A SUBSTANCIA. OS PRODUTOS FINSA FACILITÁRONNOS ESTAS CARACTERÍSTICAS» 

Eva Galán, coordinadora de proxectos de La Mafia se sienta a la mesa

Darlle personalidade propia a un restaurante dunha franquía sen perder identidade de marca é todo un reto. Esta foi a tarefa acometida polo equipo do proxectos de La Mafia se sienta a la mesa para este novo espazo gastronómico en Lisboa. «A idea é que non todo pareza igual e que un mesmo establecemento teña mobles, recunchos ou espazos diferentes», explica Javier Floristán, CEO da empresa.

Nunha loita entre o moderno e o rústico, destacado en distintas estancias dentro dun mesmo espazo, o fío condutor de La Mafia mantense nos detalles: cubertos, cristalería, louza, manteis... Todo isto acompañado dun deseño de interiores que combina o natural co industrial.
 

Necesitábase un acabado realista que permitise unha combinación axeitada de cores para reflectir este ambiente italiano, claramente inspirado na Toscana. «A ampla gama de solucións de Finsa permitiunos lograr ese realismo e flexibilidade na produción dos elementos que conforman o restaurante», explica Eva Galán, coordinadora de proxectos de La Mafia. 

O chan do establecemento, revestido con Finfloor Supreme Espiga Orleans Vintage, engade un toque de elegancia atemporal e resistenciasen concesións, crucial nun ambiente de moito tránsito como un restaurante. A textura e o ton do laminado recrean a nobreza da madeira antiga para proporcionar calidez e unha sensación de comodidade que invita aos comensais a relaxarse e gozar da súa experiencia culinaria.
 

Empregouse Fimaplast Champan Metalizado Moon para revestir as columnas e engadir un toque moderno e sofisticado ao espazo con fin de facer contraste coa beleza rústica do chan. Este material, co seu acabado metalizado e ton champaña, capta e reflicte a luz dun xeito sutil para realzar a iluminación e contribuír a crear unha atmosfera envolvente e distinguida. Ademais, Fimaplast Olmo Sabi Boreal foi o deseño escollido para crear un dos mobles máis rechamantes da tenda: un sofisticado estante que tamén serve como separador de ambientes.
 

A rusticidade de Finfloor Supreme Espiga Orleans Vintage e a graza de Fimaplast cos deseños Olmo Sabi Boreal e Champán Metalizado Moon foron as opcións escollidas para chans, mobles e revestimentos de columnas, respectivamente. Estes acabados demostraron como a elección de materiais de calidade pode ser a clave para harmonizar un deseño que respecte a herdanza dunha marca e celebrar a súa constante evolución.
 

Gustouche este caso de estudo? Cóntanos que che pareceu en Facebook, Instagram, Pinterest, LinkedIn o Twitter.