Smart4wood

Finsa lidera un programa europeo co que transformar dixital e tecnoloxicamente os seus procesos e os do resto da cadea de valor da madeira.

Smart4wood: responder de maneira intelixente aos retos do mercado

Este proxecto, subvencionado a través da Axencia Galega de Innovación, xorde da necesidade da industria de adaptarse a unha demanda de pedidos cada vez máis personalizados aos que as liñas de fabricación deben axustarse de maneira moi precisa para proporcionarlles produtos máis específicos aos seus clientes.
Os desafíos novos que xorden no mercado esixen unha industria social na que os profesionais conten con coñecemento adquirido e implicación nos procesos. Estes, pola súa banda, contarán coa asistencia de ferramentas físicas e dixitais que mellorarán o seu desempeño.