Acabados FINSA para a chispa da vida
O carballo das paredes e o mobiliario da sede de Coca-Cola en Madrid procede das nosas fábricas.
Quen non coñece a Coca-Cola? Recibir o encargo de deseñar a sede dunha empresa con tanta historia e carácter coma esta foi un gran reto para Stone Designs. Para executar o proxecto, precisaban apoiarse en materiais de confianza, como os produtos de Finsa. O optimismo e a paixón, dous valores fundamentais asociados á marca, inspiraron o estudo á hora de atallar o proxecto. Empezando pola recepción, onde o tradicional mostrador se substituíu por unha mesa de comedor, todo está pensado para que os visitantes sintan que acuden como convidados. A tal fin contribúe a iluminación escenográfica, que convirte o edificio nun espazo de celebración afastado da estética de oficinas convencional.
O espírito da marca reflíctese en múltiples detalles que se observan nas fotografías que acompañan esta publicación e que converten o traballo de Stone Designs nun deleite para os sentidos. As oficinas están cheas de elementos deseñados á medida, como as lámpadas da zona de estar da entrada, creadas a partir de botellas, ou as mesas de metal das zonas de reunións, inspiradas na forma que cobran as chapas despois de abrirse. Tamén atopamos distintos tipos de espazos que nos convidan a descubrir cada recuncho, entre os que destacan os enormes marcos que se tornan en zonas de reunión acolledoras, ou a bancada-libraría.
Os materiais empregados coidáronse ao máximo. Cobra importancia a aposta de Stone Designs polo acabado en chapa de madeira natural con Roble Rústico da Gama Studio Natur de Finsa, que se usou no revestimiento das paredes. A naturalidade do carballo, combinada coas cores e texturas dos tapizados e os detalles en vermello Coca-Cola dos elementos metálicos, contribúe a plasmar os valores da empresa de maneira sutil.
A facilidade de mantemento e a durabilidade impulsáronos a utilizar Fibraplast Ignífugo acabado en melamina deseño Roble Aurora da nosa gama Duo no deseño no mobiliario, como na bancada ou o orixinal asento curvo situado na recepción e que pode acoller ata a cinco persoas durante unha videoconferencia. «Gústanos traballar con Finsa. Dános confianza, cumpren os prazos de entrega e seguiremos traballando con eles nos nosos futuros proxectos», afirman en Stone Designs.
Nas oficinas dunha gran marca como Coca-Cola, a integración da marca é fundamental. Stone Designs quere logralo dunha maneira diferente e orixinal. Por exemplo, mediante a incorporación do logotipo pintado á man sobre portas antigas, en gran formato no teito da cafetería ou a través da creación dunha parede con centenares de botellas asinadas polos empregados.
Un lugar no que gozar de cada momento, un sitio inspirador que convida a crear pero que, ao mesmo tempo, é acolledor, familiar e favorece a comunicación. Un lugar Coca-Cola.
Se che gustou este caso de estudo, cóntanos que che pareceu en Facebook, Instagram, LinkedIn ou Twitter.